
- Defendemos unha saída pola esquerda da actual crise económica: priorizamos a xeración de emprego e o crecemento económico por riba da ortodoxia do déficit para a reactivación.
- Defendemos as políticas keynesianas e expansivas para a recuperación fronte ás receitas da austeridade e de axustes de corte neoliberal.
- Propoñemos un plan para a reactivación de Galicia baseado no fortalecemento dos servizos públicos, a modernización económica e o emprego de calidade; apostando polo I+D+i, a dobre transición ecolóxica e dixital, por unha nova política industrial e a defensa do medio rural.
- Rexeitamos a falla de política económica do PP na Xunta e combatemos o modelo conservador e de recortes aplicado por Feijóo.
- Defensa dunha fiscalidade progresiva con suficiencia financeira e reverter as rebaixas impositivas ao patrimonio que benefician aos millonarios.
- Defendemos o sistema público de pensións: que non perdan poder adquisitivo e que as máis baixas suban.
- Alianza e coordinación cos sindicatos de clase e defensa dos dereitos dos traballador@s.
- Defendemos o modelo de empresas éticas con responsabilidade social corporativa, lonxe do capitalismo de amiguetes
- Nova política de vivenda pública e apoios ao aluguer.
- Defendemos a igualdade de oportunidades e a cohesión social como valores fundamentais para xerar unha Galicia xusta.
- Defendemos o estado do benestar e os servizos públicos: priorizamos o fortalecemento da sanidade pública galega e o compromiso co noso sistema educativo a todos os niveis.
- Máis investimento e persoal nas políticas sociais da Xunta, que están á cola de España.
- Novo modelo de residencias con atención sociosanitaria e desenvolvemento de novas atencións non residenciais aos maiores.
- Desenvolvemento dun escudo protector que garanta a integración das persoas con diversidade funcional.
- Defendemos novos dereitos e liberdades, o dereito das mulleres a abortar no sistema sanitario público, o desenvolvemento da lei da eutanasia, o compromiso coa memoria histórica…
- Defensa dos dereitos das persoas LGTBI e medidas fronte á LGTBIfobia.
- Potenciación e colaboración co tecido asociativo de Galicia e coas ONGs.