DINAMIZAR O PSdeG NA ETAPA POSTCOVID

DINAMIZAR O PSdeG NA ETAPA POSTCOVID

1.​ Plan de DINAMIZACIÓN DAS CASAS DO POBO e agrupacións do partido unha vez normalizada a situación sanitaria, revitalizando a vida orgánica e establecendo a rendición de contas obrigatoria dos nosos representantes públicos ante a militancia.

2.​ Reactivar a programación da ESCOLA DE FORMACIÓN do PSdeG “Ceferino Díaz” e levar a súa programación ao territorio.

3.​ Fortalecer e fomentar a participación da militancia nos GRUPOS SECTORIAIS DE TRABALLO, postos en funcionamento neste mandato.

4.​ Aposta polo capacidade e aportacións da militancia e apoio ás agrupacións locais coa creación de GRUPOS DE EXPERTOS nos temas sectoriais.

5. Reactivar o Laboratorio de Ideas Progresistas IdeaGaliciaLab para desenvolver as mellores análises, propostas e ideas de vangarda para Galicia

6.​ Impulsar un proceso de fortalecemento da COMARCALIZACIÓN da nosa estrutura orgánica, establecendo o seu funcionamento por regulamento para todo o territorio

7.​ Aposta decidida pola igualdade en todos os ámbitos, garantindo a IGUALDADE REAL entre homes e mulleres nos ámbitos orgánicos e institucionais.

8. Celebración dunha CONVENCIÓN MUNICIPAL despois do Congreso Nacional Galego, xa en 2022, para a preparación das eleccións municipais do 2023

9.​ NON ACUMULACIÓN DE CARGOS, mantendo o criterio «unha ou un militante, un cargo»

10.​ Cumprimento dos regulamentos da nosa organización nas APORTACIÓNS ECONÓMICAS ao partido por parte dos nosos representantes institucionais con cargos remunerados.

11. ​Instaurar unha OFICINA DE APOIO AOS GRUPOS MUNICIPAIS mellorando o asesoramento e apoio técnico en temas do seu interese.

12. Presenza e reconexión do partido cos movementos sociais, sindicatos de clase e plataformas cidadás… reactivando toda a actividade freada pola covid.

13. Plan de acción para incorporar máis mocidade no PSdeG, dándolle máis espazos na organización e priorizando políticas de mocidade que recollan as súas ideas e preocupacións.

14. Establecer por norma que os cargos orgánicos do PSdeG deben asistir ás xuntanzas dos órganos executivos dos que forman parte.

15. Rexeitar as portas xiratorias na política e calquera forma de aproveitamento do público que non sexa acorde coa exemplaridade, a ética e a transparencia

16. Impulsar a chegada ao partido de cidadanía progresista que se incorpore como militancia, sempre por compromiso socialista e convicción persoal, garantindo transparencia e pulcritude na afiliación.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s