Gonzalo Caballero garante “un PSdeG gañador dende a esquerda coa forza da militancia”

Reivindica o seu proxecto para “dar a Galicia a mellor alternativa de progreso” e gañar as municipais e xerais en 2023

Gonzalo Caballero acudiu ata Cedeira para manter unha xuntanza coa militancia socialista deste concello do Ortegal.

Alí, Gonzalo Caballero compartiu cos compañeiros e as compañeiras de partido o seu proxecto dun PSdeG gañador dende a esquerda, coa forza da militancia”.

E é que o seu obxectivo, dixo, é “dar a Galicia, ás galegas e aos galegos, a mellor alternativa de progreso” e gañar as seguintes eleccións: as municipais e xerais de 2023.

“Eu quero un PSdeG galeguista, feminista, ecoloxista e claramente de esquerdas que traballe cada día por ofrecer aos galegos e ás galegas solucións aos seus problemas e inquedanzas, amosando que somos a alternativa ao PP”, recalcou.

Por iso, asegurou, seguirá recorrendo as agrupacións do PSdeG para trasladar á militancia “o mellor para o futuro do noso partido e de Galicia”.